Quen somos…

POR QUE O #pechehistoria?

 

Porque o estudantado quere estudar.

 

Por iso abrimos este espazo de estudo aberto 24h pola nosa propia iniciativa, que lle levamos reclamando ás institucións dende hai anos e ténsenos negado en reiteradas ocasións. As prazas nas bibliotecas son claramente insuficientes, especialmente en horario extraordinario, para todo o estudantado da Universidade.

E precisamente porque queremos estudar, estamos en loita contra as medidas recentemente aprobadas que favorecen a elitización e a privatización do ensino -como a actual suba das taxas- namentres se manteñen ou incrementan as concesións ao ensino privado, os privilexios fiscais, e máis se están a inxectar sumas desorbitadas de diñeiro á Igrexa Católica, á banca, etc. Sabemos que, enmarcados no presente proceso de adaptación ao Plan Boloña e tamén na Estratexia Universidade 2015, estes non van ser os últimos ataques ao ensino público.

Por todo isto, convocamos o conxunto do estudantado a unirse á loita polos nosos dereitos. Achégate ás asembleas que teñen lugar todos os días ás 20:30h na Facultade de Xeografía, Historia e Arte.

#pechehistoria

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s