“Plan de Control de Acceso a Biblioteca Concepción Arenal”

Dende o #pechehistoria buscamos dar saída á información, proporcionada polo persoal da biblioteca Concepción Arenal, que oculta a prensa dende hai un tempo, relacionada coa situación que se está a dar na “Conchi”. Agardamos, non sen pouca paciencia, que nalgún momento isto deixe de ser a tónica habitual da desinformación diaria á que temos acceso.

Plan de Control de Acceso a Biblioteca Concepción Arenal”: un novo modelo tecnolóxico

contra o dereito de acceso á información na Universidade de Santiago de Compostela.

Dende finais do ano 2012, a Universidade de Santiago de Compostela comezou a traballar nun “Plan de Control de Acceso a Biblioteca Concepción Arenal”.

Dito Plan consiste en por en funcionamento medidas electrónicas de control de acceso e cámaras de videovixiancia, xestionadas por persoas alleas ao sistema bibliotecario, co fin de restrinxir o uso do espazos e servizos da Biblioteca.

Dende o principio as traballadoras da Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela entendemos que a información- a materia prima das bibliotecas- se trata dun ben esencial na sociedade, e que as persoas ou organizacións encargadas da súa xestión debemos ter en conta a responsabilidade que isto supón polo seu impacto social, político e cultural.

Toda biblioteca ten a súa razón de ser en proporcionar o mellor acceso posible á información, así como garantir un acceso libre e igualitario a este recurso estratéxico, a toda á cidadanía, sen restriccións por razóns de xénero, cuestións ideolóxicas, educacionais, culturais, políticas, económicas ou calquera condición ou circunstancia persoal ou social.

De levarse a cabo o Plan, o persoal de bibliotecas somos conscientes dos riscos que suporía para determinados sectores da cidadanía, no actual contexto da crise económica e social, onde reiteramos que máis que nunca é necesario un reforzamento das políticas de coñecemento para todas.

Por isto, no seu momento, o colectivo de traballores da BUSC solicitamos perante un escrito– que aquí axuntamos- rubricado pola maioría das traballadoras, a retirada de inmediato de dito Plan, entendendo que era necesario un debate nos órganos colexiados da Biblioteca seguindo o seu propio Regulamento- Comisión de Bibliotecas da USC e a Xunta Técnica- para que permitira ás xestoras tomar conciencia dos impactos negativos do plan, e crear outras vías que dean cabida á puxante demanda social polos servizos de bibliotecas adoptando medidas positivas, e non regresivas, no actual contexto de demanda do servizo.

O día 20 de marzo do 2013 reuniuse a Comisión da BUSC, sen que o devandito tema fora tratado e, lonxe de respostas, a universidade optou polo silencio administrativo e vía da execución, adoptando as políticas de restriccións e control do Plan, deixando aberta unha vía de non retorno os dereitos de información, e anulando calquera tipo de debate dentro dos marcos deontolóxicos da comunidade bibliotecaria.

O persoal da Biblioteca pensamos que:

  • Se trata dun Plan imposto nos servicios da Biblioteca, sen unha avaliación seria e previa.

  • Que dende o comenzo é unha resposta desproporcionada a un problema puntual de crecemento de demanda que podería ser atendido cos propios medios da Biblioteca.

  • Que vai supoñer un gasto innecesario de recursos económicos, cando estánse a recortar servicios e contratos fundamentais para a Universidade ( coleccións, investigación, docencia…)

En definitiva, denunciamos a grave inoperancia dos directivos da Biblioteca Universitaria, e da propia Universidade de Santiago de Compostela, na xestión dos problemas e dos recursos cos que conta para enfrontalos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s