Fe de erratas alleas

Ante a nova aparecida onte, 14 de maio, no xornal “La Voz de Galicia”, o #pechehistoria quere manifestar o seguinte:

·A equipa reitoral da USC nin é quen, nin está interesada, en garantir espazo de estudo para as súas estudantes en época de exames. Somos nós, o estudantado do pechehistoria, quen ante a súa falta de vontade temos que abrir aulas extra para cubrir a demanda.

·As palabras de Francisco Durán, vicerreitor de Estudantes caen na demagoxia máis esperpéntica ao proclamaren que “non escatiman en bibliotecas”; sin embargo, máis de 200 estudantes ocupan diariamente as aulas de historia ao non teren sitio nun espazo máis acaído cun horario máis axeitado as súas necesidades.

Por todo isto, o pechehistoria solicítalle aos medios de comunicación, nomeadamente a “La Voz de galicia”, que contrasten a súa información antes de publicala, polo cal resolvemos enviar o seguinte á redacción do mesmo xornal:

“Estimado/a redactor/a xefe,

       A tenor da nova aparecida onte, martes 14 de maio, no voso xornal, ao respeito das prazas de estudo na USC queriamos amosar a nosa desconformidade coa información publicada.
 
       En primeiro lugar, o titular que abre a nova, non se corresponde en absoluto coa realidade, xa que a USC é orgullosamente incapaz de cubrir a “alta demanda” de postos de biblioteca para o estudantado en época de exames. Somos as estudantes pechadas en historia as que nos vemos obrigadas por terceira vez a ocupar a Facultade Xeografía, Historia e Historia da Arte coa fin de ter e ofrecer un espazo de estudo en época de exames as nosas compañeiras. Deste xeito, entendemos que o titular máis acaído e obxetivamente veraz sería: “O estudantado do pechehistoria abre aulas extra para cubrir a alta demanda de postos de biblioteca, debido á incapacidade da equipa reitoral da USC para facelo”.
 
       En segundo lugar, o corpo da nova tamén ofrece datos de dubidosa veracidade, xa que as palabras de Paco Durán, simplemente buscan disfrazar a incompetencia do seu propio equipo á hora de xestionar a demanda de espazos de estudo, pero en ningún momento explican por que máis de 200 estudantes se ven obrigados a utilizar as aulas de historia como espazo de estudo, cos inconvenientes que esto lles supón ao non estaren estas adaptadas para tal fin.
 
       Por todo isto pedimos unha retificación da nova, onde os datos que se ofrecen teñan en conta a realidade que está vivindo o estudantado. Así mesmo enviámoslle unha serie de fotografías que non fan máis que corroborar a precaria situación que estamos a vivir.”
 
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s