Seguimos pechadas

O pasado venres 10, ante a evidente carencia de prazas de estudo no Campus de Compostela da USC, o estudantado comezou, outravolta, un peche na Facultade de Xeografía e Historia como método de denuncia e para autofornecernos do espazo de estudo que reclamamos, aberto 24 horas e que supla as eivas do servizo que proporciona a Universidade nestes momentos.

Ao longo da fin de semana, na que estiveron abertas as cinco aulas da planta baixa, chegamos a un momento no que se superou a cifra de 200 estudantes, que chegaban até aquí ao non atoparen sitio nas bibliotecas con horario extraordinario, o que supuxo un cheo das instalacións que se nos permitiu habilitar. Ante as nosas peticións para ampliar este espazo coas aulas baleiras que quedaban sen usar, a resposta que recibimos foi a de que non era necesario porque a ocupación das bibliotecas abertas pola USC era moi inferior á súa capacidade, o que nos obrigou a tomar medidas esperpénticas como pedirlles mesas e cadeiras á cafetería que se atopa fronte á facultade para a xente que chegaba e non atopaba sitio.

Como explica a xerencia desta Universidade que non teñamos sitio nun espazo que non conta cun horario oficial, do que non están informadas todas as e os estudantes, mentres si sobra espazo nas bibliotecas habilitadas por eles? Por que non queren aceptar que os menos de 2000 postos de estudo que nos facilitan non son suficientes para máis de 20000 estudantes? Por que prefiren obrigarnos a ter que abrir e xestionar espazos alternativos, perdendo tempo de estudo, e supoñendo un gasto en seguridade e luz superior ao mantemento de máis bibliotecas, antes que facelo desde a xerencia? É esta a idea de universidade pública que a equipa reitoral da USC defende? A xerencia desta Universidade mente ao alumnado aberta e conscientemente, e oponse de forma frontal a que poidamos estudar. Non pagamos cada ano máis a esta institución para estarmos aquí? Non hai cartos para abrir máis bibliotecas, pero si para pechalas ao resto da cidadanía, como se fixo na Biblioteca Concepción Arenal?

Desde o #pechehistoria, fartas da hipocrisía do goberno da Universidade, esiximos a mudanza inmediata das súas políticas, dos atrancos que nos poñen a nós e ao resto da sociedade, á que debe servir, e que deixen de criminalizarnos coas súas mentiras. Reclamamos, máis nada, que nos abran a Universidade para o que a queremos: para estudar.
IMGP0930
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s