Manifesto do #pechehistoria

O estudantado péchase de novo na facultade de Xeografía e Historia ante a falta dun espazo de estudo acorde coas necesidades actuáis de ofertar un espazo de estudo 24 horas e esixir á Equipa de Goberno da USC que satisfaga as seguintes necesidades:

– Unha oferta de prazas de estudo que se axeite á demanda do estudantado en época de exames. Resulta evidente a escaseza de postos de lectura na USC, con menos de 1500 prazas para un total de 21.000 matriculados. Polo tanto, esiximos a apertura de espazos con prazas suficientes para a demanda do estudantado e polo menos o establecemento dun horario de 24 h para a biblioteca Concepción Arenal durante os períodos de exames.

A retirada dos tornos que evitan a entrada á Concepción Arenal a toda persoa allea á USC, e que ademáis entorpecen a entrada ao estudantado desta Universidade. Deste xeito, externalízase o problema en troques de darlle unha solución e, ademais, supón un gasto innecesario tanto na súa instalación coma nas medidas de vixilancia que o manteñen. As bibliotecas universitarias deben ser un servizo do cal debería poder beneficiarse calquera membro da sociedade, sen importar que sexa estudante universitaria ou non.

– A dimisión do reitor da USC, Juan Casares Long, por ser o brazo executor na USC dos recortes provocados pola Xunta e polo Goberno central. Durante o seu mandato permitiu que se acabara coa autonomía universitaria, e mantivo posicións contemplativas ante os maiores recortes no ensino universitario nos últimos 30 anos.

A derrogación da Normativa de Permanencia, por resultar lesiva para a independencia e a liberdade do estudantado á hora de organizar os seus estudos.

O posicionamento da USC tanto en contra da LOMCE como do plan EU2015, por seren medidas de carácter regresivo , que atacan directamente ao conxunto do estudantado e que limitan a escasa democracia da universidade.

Por todo isto, facemos un chamamento a toda a comunidade estudantil a sumarse a estas reivindicacións achegándose a estudar e participando das asembleas diarias que se celebrarán durante o peche.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s