Biblioteca Pechada

Hoxe, na biblioteca de Xeografía e Historia, o estudantado da USC presenciou a caída da inscripción que se atopaba enriba do dintel dunha das suas portas, que comunicaba dúas das salas da estancia.

Entre o susto e a polvareda, as estudantes víronse obrigadas a abandonar os seus lugares de estudo, mentres algunhas delas, afogadas polo ambiente, decidiron abrir as fiestras. O personal da USC tomou medidas rapidamente, dando a voz de alarma e abrindo as portas de emerxencia.

É unha verdadeira sorte que este acontecemento quede só marcado na memoria das estudantes, pois non houbo ferida ou afectada ningunha.

Mágoa pensar que nunha biblioteca de tan alto valor fiquen, agora mesmo, só pó e cascallos. Mais o peor é que hai xente que agardou a un suceso coma este, para decatarse das pésimas condicións dunha das facultades máis importantes, valiosas e históricas da Universidade de Santiago de Compostela.

Con máis razóns ca nunca, volvemos dar a oportunidade a toda aquela persona que o precise. O estudantado terá a posibilidade de seguir preparando as súas vindeiras probasa partir do venres dez de maio, na mesma facultade, grazas á apertura de espazos de estudovintecatro horas, autoxestionados polo #pechehistoria.

Non só queremos espazos de estudo, querémolos seguros!!

Fotografía: Sara Iglesias

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s