Comunicado de prensa: Fin do #pechehistoria

PRENSA-1

O estudantado reunido na Facultade de Historia e Xeografía decidiu na Asemblea aberta de hoxe dar por finalizado o peche que comezara o pasado Xoves 16 de Xaneiro.

Durante estes días a Facultade convertituse nun espazo de estudo 24 horas xestionado polo estudantado, cumprindo así esta función que lle correspondería á equipa de Goberno da USC, ante o total desentendemento da mesma.

Nesta semana, centos de estudantes empregaron as aulas habilitadas para o estudo, ao tempo que asistiron ás asembleas diarias, nas que se valoraron como insuficientes as medidas tomadas pola USC para solucionar os problemas cos espazos de estudo. Deste xeito recalcouse, por unha banda, o insuficiente número de prazas habilitadas a tal fin (90 máis en Filosofía, sumando un total  de 1.400 para os 21.000 alumnas/os matriculadas/os no Campus), e por outra, a tardanza nesta decisión chegando na última semana de exames.

Tras unha positiva valoración do conxunto do peche, a Asemblea decidiu que hoxe sería a derradeira noite, xa que se cumpriron os obxectivos básicos marcados na primeira reunión. Conclúese así esta acción, non sen antes convidar ao estudantado da USC ás vindeiras asembleas, onde se concretarán novas iniciativas en defensa da Universidade Pública Galega.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s