Apoio ao #pecheUSCpas

774200_478556488848947_948767410_o

No día de onte, a meirande parte das representantes do Persoal de Administración e Servizos da USC, reuniuse en asemblea para analizar a actual situación da Universidade de Santiago de Compostela. Trataron a vaga de recortes orzamentarios e da calidade do servizo coa nova Lei de Orzamentos da Xunta -que afectará directamente á calidade da educación pública- e a instrución que emitiu a Xerencia da USC, na que informa que as traballadoras destes servizos da Universidade sufrirán un 4% de rebaixa salarial, así como a eliminación dos días de asuntos propios e a rebaixa do seu período de vacacións.

Ante este novo ataque aos servizos públicos que debe ofrecer o goberno galego, así como as repercusións sobre a calidade da Universidade e o nivel educativo, concentráronse ante a reitoría para trasladárense despois á Casa da Balconada, onde iniciaron un peche de carácter indefinido para presionar o goberno da Universidade a retirar as ordes da instrución da Xerencia, en conxunto co anuncio de diversas mobilizacións e actuacións en paralelo.

Dende o #pechehistoria sentimos a necesidade de solidarizarnos coas compañeiras do PAS pechado, partillando as súas reivindicacións e entendendo que é precisa a unidade de acción ante as agresións neoliberais contra da educación pública.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s