Reivindicacións do #pechehistoria

IMAG7718

Na quinta asemblea do #pechehistoria, do día 21, o estudantado da USC alí reunido, tras analizar a situación -resumida no comunicado do 20 de xaneiro-, tirou a seguinte táboa de reivindicacións:

1. Comezo do horario extraordinario das bibliotecas dúas semanas antes do inicio do período de exames; estas serán tres: unha no Campus Norte (Económicas), unha no casco histórico (Xeral) e unha no Campus Sur (Concepción Arenal). O seu horario será de 24h os sete días da semana.

Asemade, do mesmo xeito que non se entendería que unha biblioteca municipal vetase a entrada ás persoas non empadroadas no concello, non é acaído que a USC limite a entrada á Biblioteca Concepción Arenal unicamente ás persoas posuidoras dunha Tarxeta Universitaria de Identidade, pois, por estatutos, está recoñecida como un servizo público á sociedade da súa contorna. Por iso esiximos a inmediata retirada dos tornos da entrada da Biblioteca Concepción Arenal.

2. Derrogación da Normativa de Permanencia. Esta norma elitiza a universidade pública, impedindo o acceso ás persoas con menos recursos económicos. Elimina o carácter público a USC, que queda como unha mera matriz sostida con cartos públicos, onde as empresas privadas fican a vontade. A reitoría nunca tivo en conta a voz do estudantado, rebentando as mesas de negociación e tomando as súas reivindicacións coma quen oe chover.

3. Dimisión en bloque da equipa reitoral. Esta Universidade non merece uns dirixentes mercenarios dos gobernos Central e Autonómico do Partido Popular, flagrantes representantes do sistema socioeconómico do neoliberalismo. Desde o acordo do Espazo Europeo de Educación Superior (plan Boloña), asinado e ratificado polos executivos do PSOE e PP no Ministerio e na Consellería de educación, até os últimos recortes orzamentarios -cuxo efecto sempre recae sobre a clase explotada-, a equipa de goberno da USC sempre se amosou conivente con estas accións, sen mirar polo ben da Comunidade Universitaria. Nin unha vez escoitou as reclamacións das representantes no Claustro, poñendo en dúbida o seu papel e a lexitimidade das asembleas de estudantes.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s