Volve o #pechehistoria

Asemblea50pessoas

O estudantado da USC reunido en asemblea e analizando o actual contexto da universidade, tirou as seguintes conclusións:

Esta institución atópase nunha situación de desleixo das funcións que lle corresponden e unha patente falta de organización provocada pola incapacidade manifesta da equipa reitoral da USC para defender o seu carácter público, democrático e de calidade. Os ataques da Xunta, levados a cabo a través dos sucesivos recortes no seu orzamento desde o ano 2009 -e que no presente ano chegan até un 25%- en conivencia coa actitude contemplativa e de amparo por parte do Goberno da USC, están a levar á nosa universidade a unha situación insostíbel. Un dos casos máis sangrantes é o incumprimento do compromiso de estabilización de arredor de 40 investigadoras e investigadores das bolsas de investigación Isidro Parga Pondal e Ramón y Cajal, o cal non repercute só no despedimento deste persoal, senón que resulta un incomprensíbel ataque ao potencial investigador intrínseco a unha institución universitaria.

A análise realizada por esta asemblea determinou que os puntos máis rechamantes da penosa situación actual da universidade son:

A USC É MENOS DEMOCRÁTICA:

• A proposta de goberno de Casares Long intentou basearse nunha equipa composta por varias correntes ideolóxicas do Claustro Universitario. Con todo, non soubo negociar nin dialogar e levou a cabo as súas propostas mediante a imposición, o dirixismo e as negociacións escuras. O cal levou a situacións de enfrontamento con todos os sectores da comunidade universitaria fose cal fose o seu posicionamento inicial. O Claustro, que era o suposto máximo órgano de decisións e debate, viuse privado deste carácter, e Casares fixo del un mero instrumento de trámite.

A USC É MÁIS ELITISTA:

• O acceso e a permanencia das e dos estudantes da USC está máis restrinxido desde a chegada de Casares Long ao Goberno da universidade. A imposición da Normativa de Permanencia, fortemente respondida por parte do estudantado, ou do mantemento de posicións complacentes ante a suba dos prezos das matrículas ou da diminución das bolsas de axuda ao estudo provocou que, a día de hoxe, teñamos unha USC máis elitista e máis restrinxida. O reitor nunca quixo negociar a Normativa de Permanencia coa comunidade universitaria aínda que esta presentase solucións útiles ás eivas desta norma.

A USC NON TEN AUTONOMÍA:

• O brazo executor na USC dos recortes provocados pola Xunta e polo Goberno central non merece ser Reitor da nosa Universidade. A súa equipa de goberno rematou con calquera tipo de autonomía universitaria e fixo depender os acordos no seo da universidade a directrices alleas á mesma, ademais de manter posicións contemplativas ante os maiores recortes no ensino universitario nos últimos 30 anos. O suposto máximo representante da universidade non deu unha soa vez a cara pola institución ante a Xunta ou o Goberno Central.

A USC CONTA CON MENOS E PEORES SERVIZOS:

• Na USC hai menos prazas nas residencias universitarias públicas, deixando ano a ano a un cada vez maior número de estudantes fóra delas. A maiores, ao longo destes anos teñen xurdido diferentes problemas laborais en servizos que a día de hoxe están externalizados, como a reprografía ou a limpeza, entre outros, nos que a lentitude de resposta por parte da equipa de goberno provocou unha merma da calidade do servizo. Todo isto vén a recalcar que a única estratexia política de Casares é a deriva dos cartos públicos ás empresas privadas.

Enmarcada nesta problemática, xorde a actual situación das bibliotecas universitarias. Para un total de 21.000 matriculadas/os, dispóñense de menos de 1.400 (348 en Económicas) prazas en horario extraordinario. Ante as protestas do estudantado a Equipa de Goberno

Agora, a piques do remate do período de exames, a Reitoría decide cumprir co acordado o ano pasado habilitando 88 prazas máis na Facultade de Filosofía -algo que polo demais nos parece absolutamente insuficiente-, co custo similar que tería abrir a Biblioteca Xeral (216 postos) ou a Facultade de Medicina. Do mesmo xeito, tampouco comprendemos a apertura de Facultade Dereito (200) existindo xusto ao lado a Facultade de Farmacia (arredor de 200 prazas).

Simultaneamente, non podemos deixar de mostrar a nosa preocupación polas ansias mostradas na vontade de limitar a cultura á cidadanía a través dos tornos na Biblioteca Concepción Arenal, evitando a entrada a toda persoa que non posúa a TUI (cos conseguintes problemas derivados da lenta burocracia existente respecto á expedición e renovación da mesma), ao tempo que se desvía o problema externalizándoo en troques de darlle unha solución- alén do despilfarro que supuxo a súa instalación.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s