Manifesto FIN do #pechehistoria e CONCENTRACIÓN

 CONCENTRACIÓN 

XOVES ÁS 20’30 na porta da Facultade de Xeografía e Historia

Manifesto fin de peche.

Reunido en asemblea, o estudantado pechado na Facultade de Xeografía e Historia decidiu dar por finalizada nesta semana a acción que se viña efectuando no edificio tras máis dun mes, coincidindo co fin da actividade académica.

Este peche supón tan só un reflexo do que o estudantado é quen de levar a cabo na loita por unha universidade pública galega, hoxe paulatinamente desartellada polo Goberno central e a Xunta , coa comprancencia do reitorado.

O desmantelamento que se está a levar adiante maniféstase na aplicación do Real Decreto Lei 14/2012, que supón unha desorbitada suba das taxas e un drástico endurecemento dos criterios na concesión de bolsas, ao tempo que a Xunta de Galiza aplica e mesmo xustifica esta suba, facendo referencia ao nivel comparativamente baixo destas nas universidades do país respecto ao resto do Estado.

Pola súa banda a USC vén de aprobar unha nova Normativa de Permanencia necesaria para a aplicación de dito decreto e que é unha mostra de complicidade da equipa reitoral da USC.

Así mesmo, especial exemplo da falla orzamental e de vontade da que adoece esta mesma universidade reflíctese na escasa oferta de espazos para estudo acordes ás necesidades do alumnado, nomeadamente no que respeita aos horarios dos mesmos, non existindo ningunha biblioteca aberta 24 horas, problema acentuado nas fins de semanas cando non abren as facultades.

Dentro deste mes, o luns 25, o Reitor Casares Long comprometeuse no Consello de Goberno a que, para o curso 2012-2013, se abra unha biblioteca, a da Facultade de Filosofía, en horario extraordinario, atendendo parcialmente ás nosas demandas tras presentar os dados de ocupación de bibliotecas no período de exames. A pesar de ser unha boa nova para o estudantado da USC, logo de máis dun mes de peche, debemos ser críticas co trato recibido por parte da Reitoría, pois en ningún momento as nosas peticións, xa trasladadas con anterioridade a este organismo, foron tomadas en consideración por parte da equipa reitoral. Só mediante a presentación dunha instancia e unha xuntanza co Vicerreitor de Estudantes a raíz da mesma, foron postas as nosas propostas sobre a mesa, avaliadas e, ante a obviedade que presenta esta universidade na insuficiente oferta de prazas de estudo, tomadas en consideración. Debemos dicir tamén que a reclamación que lle faciamos a esta reitoría non era nova: é unha loita histórica do estudantado de Compostela o solicitar unha biblioteca aberta en horario continuo, máis no período de exames.

Así, aínda considerando que o groso dos problemas que afectan á universidade pública galega non están nin moito menos solucionados, damos por concluída a actividade neste curso académico, facéndoa coincidir ca fin do período de probas da licenciatura como data referencial, e ca vista xa posta no mes de setembro, no que xa se acordaron levar a cabo accións similares a esta.

Finalmente, non podemos deixar de considerar como positivo o exemplo de autoorganización estudantil que supuxeron estes máis de 30 días de peche, demostrando que somos quen de levar accións contundentes adiante, ao tempo que se provee dun servizo necesario como o espazo 24 horas que fomos quen de habilitar. Formamos só unha pequena parte dun gran movemento de defensa do noso ensino público, que se mostrou no país nos peches de Lugo, Ourense ou Vigo, e que se extende polo Estado dende Barcelona até Sevilla, mantendo en loita a colectivos de tódolos sectores da universidade.

Por iso é que só podemos vencer!

NON AO REAL DECRETO!

NON Á SUBA DAS TAXAS!

NON Á NORMATIVA DE PERMANENCIA!

SI AOS NOSOS DEREITOS!

POR UNHA UNIVERSIDADE PÚBLICA GALEGA!


Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s