Declaración de Independencia

Declaración de Independencia

Nós, as estudantes do #pechehistoria, reunidas en asemblea, aprobamos romper os violentos vínculos que nos ligaban á Universidade de Santiago de Compostela, ao non querer ésta garantirnos os dereitos fundamentais que tanto custou conseguir.

Así pois, nós, defradadas polo presente e preocupadas polo futuro, queremos dar a coñecer o noso desacordo coas actuacións e coa pasividade coa que a USC está actuando, polo seguinte:

1. A Universidade non é quen de ofrecer ao seu estudantado un aula de estudo en horario continuo durante a época de exames, dando lugar á vergoñenta situación cotiá de térmonos que pelexar coas nosas compañeiras por conseguir un sitio na biblioteca e obrigándonos deste xeito a ocupar a Facultade de Xeografía e Historia co fin ter un lugar onde poder preparar as nosas materias.

2. O virulento Real Decreto Ley 14/2012 estabelece o aumento das esixencias non económicas, facendo destas unha recompensa e non un mecanismo que asegure a igualdade de oportunidades. Así mesmo, impulsa unha desmesurada suba das taxas dando forma ao paulatino desmantelamento da universidade pública; desmantelamento ao que contribúen a equipa de goberno e o profesorado da USC co seu silencio e coa súa hipócrita complicidade.

Por todo o devandito, e ante unha USC que ataca ao seu propio estudantado, nós, como medida de supervivencia, constituímonos pola presente, como universidade independente da USC, agardando que a nosa loita sexa semente dunha universidade xusta, pública, democrática, galega, de calidade e popular, que por suposto garanta a formación íntegra das clases populares.

Asi mesmo, tendémoslle a man ás compañeiras da USC, animándoas a sumarse a nós e lembrándolles que ningún estudante é débil, pois forma parte de unha familia de 30000 irmás que padecen as mesmas miserias, albergan os mesmos sentimentos, teñen o mesmo inimigo e soñan todas un mesmo mellor destino.

A 9 de xuño de 2012

Universidade Pública Galega

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s