A rúa é nosa!

Nós, o estudantado do #pechehistoria, sendo testemuñas da situación que se está vivendo en Santiago de Compostela en relación á nova ordenanza de Ocupación da Via Pública manifestamos:

Todo o noso apoio e solidaridade ás asociacións e colectivos que están sendo, e serán, perxudicados por esta nova ordenanza. En particular á Rede Feminista e ó Cineclube de Compostela por seren obxeto da ideoloxia opresora do governo local do PP. Xa que cumprindo todos os requisitos legais para realizaren un ciclo de cinema feminista gratuíto e na rua, o governo de Ángel Currás esixiu-lles o pago por ocupar a via pública aplicando-lles unha ordenanza do 2008 que regula cuestións como as rodaxes cinematográficas, os grandes espectáculos ou as atraccións.

Porque entendemos que a rúa e de todas, só podemos manifestar a nosa total oposición á devandita ordenanza municipal, que é unha peza máis dun entramado político que merma os nosos dereitos fundamentais na vida diaria da cidade de Compostela e que, impedimento tras impedimento, pretende acabar co tecido socio-político-cultural.

Nós, o estudantado do #pechehistoria defendemos o público e os valores que conleva. Defendemos a rede de actividades na rúa que crearon todas as asociacións e colectivos sen ánimo de lucro. E opomo-nos, por ser a antítese do que promulgamos, a unha cidade na que o seu regulamento trate de igual a estas asociacións e á empresa privada, porque non queremos unha cidade escaparate para o turismo e as grandes multinacionais.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s