Sabes onde te metes? Sabes onde estás?
Este Xoves, o estudantado do #pechehistoria, organiza unha xornada de información.
Unha achega á NOSA Universidade.
Comezamos ás 16:00h coa palestra do profesor José Carlos Bermejo, na que falará sobre a idea de Universidade. De cal era a súa idea inicial e os cambios que están acontecendo.
Ás 17:00h Pérez Casas abordará o tema de Finanzamento. Imprescindíbel nesta época na que os cimentos da Universidade Pública se tambalean.
E ás 18:00h Jorge Marín, na última palestra da Xornada, explicaranos a situación da muller na USC. Patriarcardo e Universidade.
Durante toda a Xornada haberá oportunidade de dar o debate sobre os diversos temas.
A xornada finalizará cunha foliada da LGAGÁ.
Anímate a participar!
